
- Con 867 inscritos, un 8,3% máis que o ano pasado, e un programa conformado por setenta propostas, un 40% máis, esta cita afiánzase como espazo para o intercambio de coñecementos e a formación en diversos ámbitos da informática e as novas tecnoloxías
- Hoxe, este evento estivo protagonizado pola entrega de galardóns das súas competicións de arte dixital, modding, setups, programación de robots, ciberseguridade e videoxogos, nas que se repartiron algo máis 6.000 euros en premios
- A cita, que ha tivo lugar na Feira Internacional de Galicia ABANCA, contou co apoio da Xunta de Galicia, impulsora da party, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e co patrocinio oficial da empresa Intermax Technology. Así mesmo, nesta edición o provedor galego Raiola Netwoks sumouse ao evento cun sponsor e o Clúster TIC Galicia patrocinou o programa de conferencias.




